O Club Deportivo Seixalbo presentou o seu proxecto solidario que levará aos integrantes do equipo xuvenil a coñecer a realidade de asociacións como o Comité cidadán antisida de Ourense e a Asociación de enfermos de Alzheimer (AFAOR).
Para elo, está previsto unha serie de merendas e almorzos entre xogadores e usuarios destes centros.
A cafetería Bon Vivant, do parque de San Lázaro, será o lugar destes encontros nos que se compartirán experiencias.
Os encontros comezan este xoves e venres con almorzos con usuarios do Comité cidadán antisida Ourense. Continuarán o luns 26, martes 27 e mércores 28 coa merenda solidaria con usuarios da Asociación Afahor 2.0 Alzheimer. Ademais o martes 3 de xaneiro, os xóvenes xogadores realizarán unha visita ao servizo de Voluntariado da Cruz Vermella.
Deportivo
No deportivo, o equipo xuvenil do Seixalbo está composto por está composto por mozos de entre 15 e 17 anos, conta nas súas filas cunha rapaza que comparte adestramentos e partidos, ademais de ter a tres xogadores inmigrantes.
Esta variedade trae unha riqueza aos seus adestramentos nos que se pode escoitar falar ata en catro idiomas (galego, fancés, castelán e wolof).