Club Ourense Baloncesto recibía este martes a Lleida, unha das sensacións da LEB Ouro, que mesmo foi líder nalgunha xornada.
O primeiro cuarto remataba cun balance 19-13, cos primeiros minutos de dominación do equipo visitante. Ata que dúas triplas do COB a cargo de Díaz e Hittle déronlle a vantaxe que mantiveron ata o final dos 10 primeiros minutos.
No segundo cuarto o Lleida púxose por diante ata que un acertado Hittle lle deu a volta ao marcador para voltar aos seis puntos de vantaxe. Unha tripla de Díaz e, sobre a bucina, canastra de Garret deixou o marcador en 41 a 34 ao descanso.
Trala reanudación, o COB foise distanciando ata chegar aos 16 puntos, renda que seguiría ao final do terceiro cuarto se non fora porque Lleida anotou unha tripla nos últimos segundos (60-47). No último cuarto o COB mantivo a distancia no marcador, para facerse finalmente coa vitoria por 76 a 60.
Con este resultado os ourensáns son quintos na clasificación, con 10 triunfos.
Próximo rival: Breogán
A LEB Ouro descansa na fin de semana de Noiteboa pero o baloncesto regresa a seguinte fin de semana. O COB viaxará a Lugo para medirse no derbi galego co Breogán o venres 30 de decembro.