A Comisión de Solidariedade de AMENCER, que é a coordinadora da 30ª Operación Quilo’ 2016, expuso os datos do recollido este ano.
En total foron 20.184 quilos de alimentos, 1.100 quilos de xoguetes, 2.300 quilos de roupa (que non se pediu) e 6.269,16 euros que se destinou a mercar máis comida.
Foi máis dunha tonelada máis de alimentos con respecto ao ano pasado, 100 quilos máis de xoguetes e 400 kg máis de roupa. En canto ao diñeiro moveuse polas mesmas cifras.
Todo foi destinado a 16 Cáritas Parroquiais e dende elas atendéronse a 1.042 familias formadas por 3.184 persoas.
Desde AMENCER congratúlanse da incremento no número de quilos de alimentos apañados con respecto ao pasado ano.
A recollida de alimentos e xoguetes pechouse o mércores 21 de decembro. O xoves 22 repartiuse todo o recadado entre as 16 Cáritas Parroquiais de Ourense.
Nesta campaña participaron 295 comercios,48 supermercados e a presencia en innumerables eventos deportivos. Tamén se realizaron outras actividades como foi na feira de Megaxove en Expourense, a campaña “Peso x Quilos”, a recollida no Centro Comercial Pontevella coa colaboración de McDonald´s, incuíndo festivais e concertos. Perruquerías, asociacións de veciños e moitas máis entidades puxeron o seu gran de area nesta iniciativa.