O sábado 24 de decembro pechabase a Copa Galicia de ciclocross coa última proba. Esta disputouse en Maceda e era valedeira, ademais, para a Copa Diputación da disciplina.
Os deportistas do Academia Postal Actyon MMR demostraron que son profetas na súa terra ao lograr tres dos seus integrantes a vitoria.
En júniors, Iván Feijoo demostrou a súa superioridade vencendo con autoridade. En terceira posición rematou Abel Franco, nunha gran carreira.
Terceiro entraba en meta Román Saa na proba sub 23, sendo oitavo en meta tralo vencedor dun Tour de Francia, Óscar Pereiro.
Cadetes
Dobre vitoria na categoría cadete. Carlos Canal, que está a realizar unha gran tempada subía ao podio como primeiro, mentres que Hugo Vázquez remataba quinto.
En mulleres, vitoria para Noela Saa, que ademais se levaba a xeneral final da Copa Galicia. Aida González era terceira.