Na terceira xornada da Liga de salavamento acuático.

Tres primeiros postos para o Salvour

O Club ourensán, Salvour, de salvamento acuático participou na terceira xornada da Liga galega sur.

 

A xornada disputouse na piscina municipal de Caldas de Reis. Por parte do conxunto ourensán participaron 17 deportistas.

Tres deles acadaron o primeiro posto. Cristina Colomo (nos 100 rescate de maniquí con aletas y los 200 obstáculos, máster +45), Andrea Bello (100 metros combinada, júnior) e Roberto Naranjo (200 metros obstáculos, máster +45) foron vencedores na xornada.

Ademais, Silvia Quintela foi segunda (100 combinados de salvamento xuvenil); Eva Feijoo, terceira e Eva Espinosa, cuarta (100 combinados de salvamento, cadete).

Por equipos, destacar o segundo posto do lanzamento de corda júnior feminino de Andrea Bello e Silvia Quintela. Os cadetes remataron quintos, logrando o mellor resultado obtido por categorías.

Os relevos cadete feminino e masculino foron sextos na proba de 4×50 natación con aletas.

Outros resultados
En alevíns, Daniel Araújo r ematou 27º en 50 metros arrastre de maniquí con aletas.

En infantís, Zaira García foi 42ª en 50 metros arrastre de maniquí. Mentres que na mesma proba, Hugo Estévez fixo o posto 17 e Xenxo Fernández o 39º.

En cadetes, Samuel Iglesias ocupou a 18ª posición e Roi Naranjo a 21ª en 100 combinados de salvamento.

A xuvenil Silvia Quintela Álvarez (segunda en 100 combinada) rematou oitava en los 100 arrastre de maniquí con aletas.