Dez son as vitorias que teñen tanto lucenses coma ourensáns na clasificación. O partido deste venres desnivelará a igualdade para rematar a primeira volta.
O encontro no Pavillón universitario traerá gratos recordos para os afeccionados do club ourensán. Serán menos que no playoff de ascenso de fai dous anos, pero que de seguro sentiranse.
A pesar de ser os últimos en entrar no mercado de fichaxes e comezar moi tarde a pretempada, o equipo da cidade amurallada confeccioou unha plantilla para loitar polo ascenso.
Grandes nomes para un equipo que quere subir á ACB. Comezaron a tempada de forma fulgurante, pero, máis tarde, unha serie de resultados negativos fixo que apareceran as dúbidas no equipo dirixido por Nacho Lezcano.
Salva Arco, Michael Fakuade e Josep Franch están ben secundados polos seus compañeiro para que se poida soñar con calquera cousa.
Pero enfronte terán a un COB moio solvente nesta primeira metade de ano na LEB Ouro. Un equipo que foi crecendo co paso das xornadas e que o levou a estar case sempre en zona de playoff.
Co obxectivo da permanencia practicamente no peto, Gonzalo García de Vitoria quere que os seus xogadores aprendan día a día e gocen de cada partido sendo competitivos. Este é o encontro ideal para complir esas premisas; os partidos entre Breogán e COB non son un partido calqueira.