O salón de plenos del Concello foi o escenario da entrega dos premios do Concurso de Escaparates de Nadal. Participaron un total de 78 establecementos.
O primeiro premio foi para La ratita presumida (Concordia, 28) que levouse 800 euros. Galius (Cardenal Cisneros, 4-6) logrou os 600 euros do segundo premio e Centro Óptica (Doutor Marañón, 7) fíxose co terceiro premio valorado en 400 euros.
O escaparate máis votado polo público foi o Pequeño Salón (río Arnoia, 14).
Ademais, tal e como se especificaba nas bases do concurso, tamén se sorteou unha estancia para dúas persoas outorgada por Hoteis e Balnearios CALDARIA que recaeu en Ourenfri (reparación e venda de maquinaria para hostelería, na Av. De Bos Aires).