A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a delegada terrirtorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira,visitaron as obras de rehabilitación do mosteiro de San Clodio de Leiro, destinadas a converter a nave lateral deste edificio histórico no primeiro spa de viñoterapia de Galicia.
Este novo servizo turístico empregaranse produtosderivados da uva e do viño, entre outros elementos, para distintos tratamentostermais que formarán parte da oferta actual do Hotel Monumento de San Clodio.
Nava Castro manifestou que “este novo spa de viñoterapia será de gran atractivo, por un lado polo tipo de tratamentos que nel se ofrecerán e, por outro, pola súa propia arquitectura”. “Os usuarios gozarán dodescanso nun edificio de máis de 500 anos de historia”, engadiu.
Constará de vestiarios, tres salas de masaxe, dúas individuais e unha dobre, con tratamentos específicos de viñoterapia; unha salade relax, unha sauna, un baño de vapor, duchas de contrastes, spa-piscina de 40m2 e zonas de descanso
Aposta polo termalismo
Segundo manifestou Nava Castro, a actuación permite, ademais, garantir arecuperación íntegra do inmoble e o emprego das súas instalacións para poñer envalor e difundir os recursos turísticos asociados á auga termal e ao viño.
“Esta iniciativa reforza, así, a aposta de Turismo de Galicia polo termalismo, queconstitúe un recurso estratéxico para o desenvolvemento turístico e económicoda comunidade galega”, engadiu a directora do departamento de Turismo daXunta.
Castro explicou que o termalismo destaca notablemente na nosa comunidade tanto pola súa abundancia como pola súa calidade e singularidadeconstituíndo así, “unha vantaxe diferenciadora e competitiva respecto a outrosdestinos tanto a nivel nacional como internacional”.