A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, supervisou esta semana os traballos de restauración forestal e medioambiental das áreas afectadas, o pasado verán, polos incendios na comarca de Verín.
A Xunta e o Goberno Central destinan arredor de 550.000 euros aos traballos de recuperación nos concellos de Cualedro, Oímbra e Monterrei.
As labores céntranse no tratamento da vexetación, o control da erosión e a mellora de infraestruturas danadas.
En Monterrei xa se levou a cabo o tratamento da vexetación, traballos de control da erosión e de mellora e reposición de infraestruturas danadas, actuacións que tamén deron comezo en Oímbra e Cualedro.
Oímbra e Cualedro
No caso de Oímbra e Cualedro, o Consello de Ministros aprobou o pasado día 30 de decembro de 2016 unha achega de 400.000 euros para financiar os traballos de recuperación, que xa se iniciaron nos montes de Xironda e A Pedrosa, no termo municipal de Cualedro. Nestas zonas xa se levaron a cabo tarefas de control da erosión, colocando 158 metros lineais de socalcos de pedra e estendendo palla de xeito manual nun total de 25,4 hectáreas.
A maiores, a Xunta traballa en coordinación cos alcaldes e os veciños afectados na procura de fórmulas que permitan poñer de novo en valor os terreos ardidos, para facelos produtivos e previr novos incendios.