Tamén se destaca a entrevista a Xulio Conde, adestrado da Escola ciclista José Antonio Hermida, do Club Ciclista Maceda, equipo que tantos éxitos deu ao deporte ourensán o ano pasado.
En páxinas interiores destacamos os máis de medio millón de euros que Xunta e Goberno de España adican a recuperar as zonas afectadas polos incendios na comarca de Verín. Tamén nos facemos eco de que o Entroido de Verín pasa a formar parte da «Red Europea de Ciudades con Carnaval». E se seguimos co Entroido, facemos un repaso das datas máis importantes do de Xinzo, o máis madrugador co Sábado de Patardazo o sábado 4 de febreiro.
En Verín reimplantarán a ORA en oito rúas da vila para estimular a rotación de aparcamento. A pista que une Xinzo de Limia con Vilar de Barrio pasará a ser xestionada pola Deputación Provincial. En Allariz, a ITV agrícola estará do 17 ao 20 de febreiro.
A Fundación Curros Enríquez de Celanova doa 275 publicacións ao Centro Unión Ourensano da Habana e á Biblioteca Municipal de Celanova.
No que se refire ao resto da provincia, o Mosteiro de Leiro acollerá o primeiro SPA de viñoterapia de Galicia. A Xunta de Galicia concede 200.000 euros en axudas ás razas autóctonas.
E en deportes, Iván Feijoo e Carlos Canal, proclamáronse campión júnior e subcampión cadete, respectivamente, no Campionato de España de ciclocross.
Podes consultar todos os contidos no seguinte enlace.