Mentres o Cidade perde diante do Roldán.

Cara e cruz na 14ª xornada da Primeira División de fútbol sala. O Ourense Envialia dobregou ao UCAM e o Cidade As Burgas non deu sacado nada positivo do seu viaxe a terras murcianas.

Envialia
As de Chipi tiveron que remontar o primeiro tanto obra das visitantes, para finalmente lograr unha cómoda vitoria por 6 a 2.

Aos dous minutos as visitantes dominaban o encontro co gol de Pepa, pero dous minutos despois, Sara Moreno devolvía as táboas.

O 2-1 chegaba dous minutos despois co gol de Lucía. Rosángela que debutaba este ano tras un período de inactividade por unha lesión poñía terra de por medio co terceiro tanto. E antes do descanso, de novo Sara Moreno facía o 4 a 1.

Na segunda metade Noelia facía, en propia porta, o quinto das locais, e o segundo do seu equipo (5-2). Sara Moreno redondearía, no último minuto a goleada co sexto e o terceiro da súa conta.

Un 6-2 que fai que o Envialia sexa quinto con 25 puntos.

Cidade As Burgas
As pupilas de Manolo Codeso non puideron sacar nada positivo da súa visita ao Roldán. 5-3 e a lesión de Iria Saeta que está pendente de coñecer a gravidade da mesma.

Partido loco na súa primeira metade na que as locais chegaron a ir gañando por 3-0. Pero as ourensáns pouco a pouco foron remontarondo con tres goles de Iria que devolvían as táboas ao electrónico antes do descanso.

Na segunda metade, a lesión de Iria lastrou ao equipo franxiverde, o que aproveitaron as xogadoras murcianas. Mayte Mateo e Mirian lograron os goles para o definitivo 5 a 3.

Esta derrota fai saír ás ourensás dos postos de Copa. Agora son décimas con 21 puntos.