A limpeza na praza de abastos e a perda da subvención para a aula do CeMIT son os lamentos as do grupo popular.

Dende o grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia denuncian que os comerciantes e usuarios da praza de abastos sinalan a falta de limpeza desta instalación nas últimas semanas.

O PP di que lle transmiten que dende que se atopa de vacacións o traballador que habitualmente limpa esta instalación, o goberno municipal non foi quen de enviar ninguén a limpar a praza de abastos e cubrir a ausencia deste traballador.

César Fernández, voceiro popular sinalou que “estes feitos son unha mostra máis da absoluta incapacidade de xestión dos recursoshumanos municipais por parte do goberno socialista. O lixo sigue acumulándose na praza de abastos mentras o goberno municipal segue de brazos cruzados”.

CeMIT
Dende o Partido Popular aseguran que a incapacidade do goberno de Ribadavia ven de provocar a perda da condición de Aula de Referencia para o CeMIT de Ribadavia, ademais do dereito á subvención corresponedente, que neste caso era unha achega de 15.000 euros para dinamización da actividade na aula.

Segundo o voceiro do grupo popular, César Fernández, “estamos ante un paso máis na folla de ruta do goberno municipal que parece empeñado en convertir a Ribadavia nun concello de segunda”.