A Unión Deportiva Ourense sacou cero puntos nos dous partidos disputados na Liga diante do Allariz.
No partido da primeira volta 2-1 e neste, 3-2. Unha boa defense e agardar as súas oportunidades foron as premisas dos alaricanos nos dous encontros.
Na primeira metade os de Antonio Dacosta dominaban pero non inquedaban ao cancerbeiro local. Quen si golpeu foi o Allariz nunha contra e vantaxa no marcador.
Por parte dos unionistas unha acción de perigo, que Xaco non chega a cabecear. Final dos primeiro 45 minutos.
Na reanudación, reacción dos visitantes que lle valeu para empatar; Cristian centra, e Hugo, de cabeza, empata.
Cando parecía que os unionistas comezaban a soltarse, chegou o azazo en forma de dous goles. Unha falta lateral, poñía o 2-1, mentres que unha mala saída de Samuel supoñía o tercerio para os verdinegros.
Aos capitalinos só lles quedaba volcarse ao ataque. Durán pon o balón, de falta, na área, para que Julio Martínez recurte distancias. Antes, Marcos Sotelo enviou, tamén de falta, un balón ao longueiro.
Ata o final sen ocasións claras e a UD Ourense que se alonxa do Bande na táboa de Primeira de Galicia.
Bande
O Bande continúa líder e se distancia na clasificación gracias ao 0-3 ante o Francelos. Xa son catro puntos os que separan a Bande da Unión Deportiva Ourense. Por parte do Bande debutou esta fin de semana o porteiro Manu Taranilla.