8 novas xaulas para hospitalización de animais ou a substitución e adecuación de peches e portas metálicas, entre as obras realizadas.

60.000 euros en melloras no albergue de animais

O Concello de Ourense incrementou no pasado ano 2016 un 43,4% as axudas destinadas a Progape. Así, a sinatura do convenio de colaboración con esta entidade fixa unha cantidade de 210.879,8 euros para os vindeiros dous anos (2017 e 2018), adicados a manter a recollida e traslado de animais cara o refuxio, así como a xestión dese recinto en Eiroás.

A estas axudas hai que lles engadir o proxecto de mellora das instalacións do albergue de animais, orzamentado en 60.100 euros e cuxos traballos acaban de ser rematados. Este proxecto, fundamentouse en 5 grandes eixos de actuación, entre os que destacan melloras como 8 novas xaulas para hospitalización de animais (imprescindibles para o post-operatorio e cumprimento coas condicións hixiénico-sanitarias adecuadas), así como a substitución e adecuación de peches e portas metálicas, algo que esixe a lexislación para o benestar animal.

Reformas
As reformas acometidas no albergue son: zona de cachorros e de hospitalización de animais grandes (8 novas xaulas para hospitalización de animais grandes); gateiras para xóvenes; división en patios de cans; substitución de peches de portas metálicas e substitución de porta a pasillo de servizo a caniles, patios e gateiras.