O Concello de Verín pon en marcha a IV fase do Plan de Rehumanización grazas a un convenio co INEM. Preto dunha vintena de traballadores comezan estes días a IV fase do Plan de Rehumanización de Verín, reiniciando a plantación de árbores, acondicionamento de zonas verdes, limpeza de beirarrúas e diversas tarefas medio ambientais.
Entre elas, a máis destacada será a dotación de puntos urbanos de recollida de lixo, dos que xa comezaron co da rúa da Cruz, que ocultará os contenedores na zona vella adxacente á Praza Maior.
Concretamente serán 18 os traballadores que esta semana emprenderán a nova fase do Plan de Rehumanización de Verín, destinado a modernizar a trama urbana da cidade, renovar o medio ambiente e mellorar as infraestruturas. A súa contratación foi posible grazas a un convenio entre o Concello de Verín e o INEM.
A primeira das tarefas que comezan a acometer estes días é a construción do Punto de Recollida de Lixo da rúa da Cruz, que da continuidade ó xa establecido na Alameda, e que se completará con outros tres nas próximas datas.
A misión destes puntos limpos é a retirada dos contedores de lixo da zona vella, e a concentración das labores de reciclaxe e vaciado de aceites. Estes puntos están illados visualmente, e contribuirán a mellora da paisaxe urbana de Verín.
As tarefas de mellora que empredenderán as novas brigadas abranguerán tamén a replantación de árbores na vila, o acondicionamento de zonas verdes e diversas renovacións ambientais.