O Auriense colócase líder na clasificación trala súa vitoria na Illa de Arouse fronte o Dorna; o resultado foi un axustado 5-7 (22) / 6-5 (23).
Os ourensáns, saíron a pola victoria dende o principio, facendo un parcial de 1-8 nos cinco minutos iniciais. Pero os locais lograron empatar e, nun final de infarto, o Auriense logrou a vitoria que o encarama á primeira posición.
O Auriense chega ao trascendental choque da vindeira fin de semana como líder; enfronte terá ao favorito ao ascenso, os Mecos do Grove.
Feminino
As Fillas de Breogán foron demasiado rival para as ourensás do Auriense. Estas caeron por 13-31.
O mellor xogo das coruñesas, xunto co seu acerto cara a paos fixo que a vitoria viaxara a terras herculinas. As baixas das ourensás deron ao traste con toda opción de vitoria.