O domingo 22 de xaneiro Xinzo de Limia celebrará o San Sebastián. Varios serán os actos que terán lugar.
Así, as 11 horas, pasarrúas coa charanga «Nova» desde o polígono ata a praza Maior; ás 12 horas, procesión e oficios relixiosos (acompañados pola agrupación musical da Limia e da Banda da Escola Municipal de gaitas e percusión de Xinzo); e ás 13:30 h será o momento, na praza Maior, da sesión vermút coa charanga «Nova».
Durante a tarde, a festa comezará ás 18 horas co pasarrúas coa charanga «Nova». E haberá unha dobre actuación da orquestra «La Fórmula», que tocará en dúas sesións na explanada do Toural (ás 19 horas e ás 21:45).
Mercadiño Limisi
Na praza Maior ubicarase o mercadiño «Limisi» que estará aberto a partir das 12 horas.
Pola tarde, o mercadiño desprazarase ata a explanada do Toural, a partir das seis da tarde.