Afundación proxecta este luns, 23 de xaneiro, ás 20.00 h na súa Sede de Ourense (Avda. Pontevedra, 9) Elephant. Dirixida en 2003 por Gus Van Sant, recrea a matanza perpetrada por dous adolescentes no instituto Columbine. Foi premiada coa Palma de Ouro do Festival de Cannes á mellor película e ao mellor director. A proxección enmárcase dentro do ciclo de cinema «Voces rotas», co que Afundación ten como obxectivo achegar á sociedade, a través da filmografía seleccionada, múltiples aspectos da pobreza, a migración ou a relixión, entre outros, desde a perspectiva dos seus protagonistas.
A seguinte cita será Lejos de los hombres, programada para o 30 de xaneiro, trata sobre a viaxe que emprende un profesor francés que escolta un acusado de asasinato ata o lugar do xuízo a través das montañas.
El señor Ibrahim y las flores del Corán, proxectarase o 6 de febreiro. Dirixido por François Dupeyron, este drama francés conta a amizade que se xesta entre un adolescente xudeu (Pierre Boulanger) e un tendeiro musulmán (Omar Sharif) que emprenderán unha viaxe que cambiará as súas vidas.
A última película terá lugar o 13 de febreiro con La voz dormida, un retrato da posguerra española baseado na novela homónima de Dulce Chacón.