Un penalti e tres puntos. Ese foi o botín da UD Ourense no seu partido na casa diante do Vilariño. Os de Quino Iglesias plantáronse no Couto como a maioría de equipos: resguardando a súa portaría.
A cousa íballes ben ata que na segunda parte un penalti («que só o árbitro viu», palabras do adestrador do Vilariño) materializou Durán para poñer o 1-0 e deixar os tres puntos no casilleiro unionista.
Algunhas ocasións na primeira metade por parte dos locais. Xaco, Hugo e o xuvenil Pousa non estiveron atinados nas máis claras. Por parte dos visitantes unha contra e pouco máis.
Máis claras as ocasión para os de Antonio Dacosta, pero o gol non chegaba. Durán fixo estirar ao gardamallas visitante e Fran remata de cabeza un centro que desvía o pao. Ata que chega a xogada de Toni; o xogador se adentra na área do Vilariño e cae ao chan, o árbitro pit penalti por empuxón. Durán deixa sen reacción ao porteiro e sube o gol ao marcador o único tanto da tarde.
Ata o final nada máis. Tres puntos que manteñen aos unionistas a catro do Bande an Primeira Galicia, que volveu a gañar (3-1 ao Arnoia). Por atrás, o Velle e o Ribeiro, terceiro e cuarto, respectivamente, a 11 puntos.