O vindeiro domingo, 29 de xaneiro, celebrarase o Cros de Ribadavia 2017 no que se disputará o Campionato de Galicia de Campo a Través Absoluto, Promesa e Junior, Individual e por Equipos.
Con motivo da celebración, este ano, da 82 edición do campionato masculino e da 50 edición feminina, a Deputación de Ourense e a Federación Galega de Atletismo, realizarán un recoñecemento á primeira campioa desta competición, a ourensá Aurora Salgado Pérez.
Nesta proba participarán os principais clubs de Atletismo de Galicia chegando aos preto dos 400 deportistas en total.
Disputaranse catro carreiras que comezarán a partir das 11.00 da mañá nas categorías de Junior masculino e feminino, e Senior e Promesa masculino e feminino.