Acollerá a fin de semana do 4 e 5 de febreiro a primeira exposición de Camelias de Ourense.

Exposición de Camelias no Botánico de Montealegre

O Botánico de Montealegre acollerá a fin de semana do 4 e 5 de febreiro a primeira exposición de Camelias de Ourense. Máis de 1.000 especies desta flor estarán presentes durante a próxima fin de semana e haberá obradoiros para coñecer o cultivo e coidados das camelias.

Máis dun millar de especies desta flor nunha exposición que se inaugurará por vez primeira na cidade. O Botánico de Montealegre acollerá esta mostra desde as 12 da mañá e estará dipoñible ata as 18 horas do domingo 5 de febreiro.

Na presentación da exposición, o alcalde, Jesús Vázquez, agradeceu expresamente á Asociación Ibérica da Camelia, personalizado no seu presidente, José María Mouta Asorey, e no seu presidente de honra, Fernando Vila -ambos presentes na rolda de prensa- “o seu esforzo e traballo constante pola divulgación e protección desta flor tan nosa. Os visitantes a esta exposición poderán coñecer os segredos e os mellores coidados para que as camelias de Ourense sigan lucindo como nunca”.

“Sen dúbida, un plan perfecto o da próxima fin de semana, co Montealegre como anfitrión de excepción para unha exposición singular, nunca antes vista en Ourense, e moi recomendable”, concluiu o alcalde da cidade.

Obadoiros
Dous obradoiros prácticos complementarán a exposición de Camelias, que o Concello de Ourense. Serán “Camelia en mosaico”, que se desenvolverá o sábado, 4, de 16 a 18horas e o domingo de 11 a 13h, e “Camelia en esmaltado”, que o domingo, día 5, de 11 a 14 horas.

Cada un dos obradoiros contará coa participación dun máximo de 12 alumnos e alumnas. A inscrición está aberta e as persoas interesadas poden dirixirse á Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense, a través do número de teléfono 988 388135. O prazo der inscrición rematará o venres, 3 de febreiro ás 12 horas.