Esta fin de semana, tres partidos de fútbol Gaélico no campo de fútbol da Universidade.
Por un lado, este sábado ás 12, xoga o Auriense masculino (líder da competición) o seu primeiro partido da segunda volta. O rival será un dos seus perseguidores máis inmediatos: o Keltoi de Vigo.
Un partido de máxima rivalidade, entre dous equipos que se coñecen moi ben, polo que se agarda un encontro moi igualado e con diferencias no marcador moi escasas. Na ida, victoria ourensá por catro tantos de diferenza.
Unha hora despois, ás 13, xoga o plantel feminino, tamén contra as rapazas do Keltoi de Vigo. A priori, un encontro máis asequible, xa que o equipo vigués é debutante na competición e ainda está en proceso de adaptación.
O domingo 29, ás 14:30, chega a quenda dos Afiadores, equipo mixto de fútbol gaélico da Liga Gallaecia, que xoga contra o Torques, de Lugo.