O PSEO solicitará no vindeiro pleno do día 3 de febreiro co Concello asesore e informe aos cidadáns para a devolución das cláusulas chan e os gastos phipotecarios por parte das entidades financieiras.
Os socialistas queren que o Goberno Municipal proceda a sinatura dun convenio de colaboración co colexio de Avogados de Ourense para asesoramento dos afectados.
Asemade, instan ao Goberno da cidade a habilitar dentro da oficina da OMIC, un espazo que conte cun xurídico e un administrativo, para asesoramento e información da xestión de devolución de cláusula solo e os gastos hipotecarios aos interesados, tamén queren que o Goberno Municipal a través da Concellería de Benestar Social e da súa oficina da OMIC, organice dunha xornada informativa e campaña de información a cidadanía sobre a Devolución de Cláusulas Solo e Gastos Hipotecarios.