Tivo lugar este luns en Madrid, na sede da Federación Española de Municipios de Provincia unha reunión da Comisión de Modernización, Participación Cidadá e Calidade deste organismo, presidida polo alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.
Nesta reunión de traballo avanzáronse diversos temas, entre os que destacou a presentación da ordenanza tipo reguladora do Procedemento Administrativo Común Electrónico da Administración Local.
Este novo texto foi aprobado o pasado 14 de decembro pola Xunta de Goberno da FEMP, e recolle unha serie de principios que regularán a adecuada implantación no ámbito local do procedemento administrativo electrónico, tratando de simplificalo para que la relación da Administración coa cidadanía sexa máis áxil e fluida.
No transcurso da reunión de traballo tamén se presentaron os libros de estudio e traballo para a transformación dixital das entidades locais, así como a actualización do reglamento tipo de participación cidadá, fixando como obxectivo a finalización da súa redacción antes do verán.