O Sala Ourense acadou unha apurada vitoria diante do Carballiño no derbi ourensán da Terceira división de fútbol sala.
Antes do encontro gardouse un minuto de silencio polo pasamento do xogador do Pizarras Los Tres Cuñados, Jesús Carrera Carrera «Jess», que falecía o pasado sábado cando en accidente de tráfico cando se desprazaba ata Segovia para disputar un partido da 2ª B xunto aos seus compañeiros.
O inicio do encontro foi mo trepidante; o Sala facía presión alta e o Carballiño buscaba o erro rival en propio campo. Quen mellor soupo aproveitar a situación foron os locais que se adiantaron por mediación de Allariz a pase de Tizón. O Carballiño seguiuno intentando e a mellor ocasión estrelouse no pao da portaría defendida por Darío. Outro pao, pero noutro lado do campo foi a antesala do segundo, obra de Tizón.
Antes do descanso, os visitantes puideron recurtar a diferenza pero Darío o impediu; ademais o seu adestrador, Isidro Grela, foi expulsado por protestar.
A segunda metade comezou co Sala Ourense mellor asentado. Así, no minuto sete do segundo periodo, Diego fai o terceiro despois dunha gran acción de Allariz.
Cando parecía que o encontro estaba visto para sentenza, o Carballiño non perdeu a fe e a piques estivo de remontar. Os goles de Dani e Bermejo facían crer que era posible puntuar. Ata o final, os visitantes buscaron o gol co xogo de cinco, pero a gran defensa local fixo que os tres puntos se quedaran en casa.
Con este resultado o Sala Ourense mantén a segunda posición, e a afianza grazas a derrota do Estrada. Diante dos ourensán, a un punto, está o líder da clasificación, o Pazos de Borbén (37 puntos). O Sala ten 36. O Carballiño é 12º con 11.
Vindeira xornada
Na vindeira fin de semana celébrase a xornada número 17. Nela o Sala Ourense visita ao Santiago Futsal «B», mentres que o Carballiño recibe ao La Peña Talleres ABC.