Entre o 1 e o 5 de febreiro o Salón Internacional de Turismo Gastronómico acada a maioría de idade presentando a súa edición máis internacional e ofrecéndolle ao visitante 200 actividades para “vivir a experiencia Xantar” dende unha perspectiva saudable e sostible. Expourense converterase no epicentro da enogastronomía e o turismo reunindo a 232 expositores (un 10% máis que na edición anterior) procedentes de 11 países (España, Portugal, Panamá, Costa Rica, México, Ecuador, Paraguai, Francia, Perú, Cuba e A Arxentina).
Xantar arrinca esta nova edición convertida en motivación turística per se xa que se puxeron en marcha distintos paquetes para convidar ao viaxeiro a visitar Ourense estes días co gallo da celebración do salón. Este obxectivo de promocionar un destino a través da gastronomía levou á organización a crear o “I Workshop de Turismo Gastronómico” no que participarán touroperadores que asistirán a presentación e manterán reunións B2B con representantes dos distintos destinos enogastronómicos presentes.
Panamá, país convidado
O país convidado ofrecerá unha variedade dos produtos típicos de cada rexión do país centroamericano. Contará cun restaurante propio dentro do salón que estará liderado polo Club Gastronómico de Panamá e que ofrecerá un menú composto por sancocho (prato nacional), Carpaccio de sous ou Escovitch de peixe, onde o millo ou o coco son ingredientes esenciais.
Os pratos integrados neste menú serán ademáis os protagonistas dos showcookings que van impartir os cociñeiros panameños presentes no salón e entre os que destaca Charlie Collins, chef responsable das recepcións presidenciais neste país, entre outras cousas. Ademais, as actividades completaranse con catas de produtos destacados deste país como o ron, o chocolate ou o picante. O país convidado tamén desprazará ata Ourense unha mostra do seu folclore tradicional.
Restaurantes
Ademais dos restaurantes de Panamá, Costa Rica e os tres de Portugal, Xantar 2017 conta con outros dez restaurantes, dous dos cales corresponden ás comunidades limítrofes de Asturias e Castela e León. A gastronomía galega estará representada polos restaurantes de #saboresdeourense do Concello de Ourense que presenta os seis pinchos gañadores dos concursos “Sabores de Outono” e de “Primavera”; o do INORDE que ofrece un menú 100% ourensán a un prezo moi competitivo; o do Concello de Maceda, que acode por primeira vez; o de Parada de Sil, que resume os sabores da Ribeira Sacra. De fóra da provincia de Ourense participan a provincia de Lugo, Bueu, A Guarda e Vila de Cruces.
En total, 15 restaurantes ofrecen 21 menús con prezos entre os 14 e os 30 euros que presentan produtos autóctonos e de calidade, xa que a meirande parte deles inclúen alimentos amparados por unha Denominación de Orixe ou Indicación Xeográfica Protexida. Hai menús adaptados a celíacos, infantís e con descontos para grupos. Ademais, durante a xornada do mércores e xoves, a maioría dos restaurantes ofrecen prezos especiais.
Promoción do turismo de proximidade
Neste ámbito, a novidadade desta edición foron paquetes «Siente Galicia» que permiten regalar unha experiencia enogastronómica na provincia. A contratación deste paquete inclúe aloxamento en réxime AD en hotel de 4 estrelas, a entrada ó salón, o almorzo ou cea nun dos seus restaurantes e a participación nas actividades. A reserva deste paquete se hará desde a propia central de reservas www.sientegalicia.com.
Xantar creou tamén unha experiencia gastronómica orientada aos visitantes que poden achegarse a Ourense na liña Alta Velocidade, AVANT, dende A Coruña ou Santiago ou tamén dende Vigo en liña regular. Este paquete está dispoñible para o sábado 4 de febreiro e inclúe a viaxe entre tren ida e volta, os traslados, visitas guiadas ás áreas termais e casco histórico de Ourense e almorzo no salón. Todo isto a partir de 46 euros.
As novidades do salón poden seguirse a través da súa web www.xantar.org o das súas redes sociais www.facebook.com/Xantar ou de @XANTAREXPO en Twitter e @xantaroficial en Instagram.