A deportista do Club Salvour, Eva Espinosa, logrou a medalla de ouro no Campionato de Galicia de salvamento e socorrismo.
A piscina municipal de Carballo foi o escenario do campeonato nas categorías alevín, infantil e cadete. En total foron 11 os equipos participantes de toda a comunidade.
Do club ourensán foron cinco os participantes neste evento, no que a actuación máis destacada foi a de Eva Espinosa nos 100 metros combinada. Espinosa proclamouse campioa galega cadete da proba con récord galego incluído. Ademais foi bronce nos 50 metros arrastre con manequín e quinta en 200 metros obstáculos, e 200 metros supersocorrista.
Expedición
O resto de ourensáns tiveron unha actuación discreta na que nos relevos (formado por Hugo Estévez Crespo, Roi Naranjo Estévez, Ignacio Delgado Zamora e Samuel Iglesias Méndez) lograron a quinta posición.