O Campus Ourense Rugby Coosur recibiu a pasada fin de semana ao CRAT Coruña no segundo derbi galego da División de Honra B disputado no campo das Lagoas.
O partido correspondente á xornada 16 era importante para o equipo local, xa que quería colocarse, na clasificación, por enriba do seu rival.
Os ourensáns estieron metidos en partido desde o comezo, dada a trascendencia do choque. O acerto a paos de Moi e a reaparición de Abraham foi o máis destacado.
Desde o primeiro minuto o Campus xa dominaba no marcador ao transformar Moi un golpe de castigo (3-0). Tui Katoa faría o primeiro ensaio do partido secundado pola transformación de Moi (10-0). O espcialista no golpeo do ovalado volveu a anotar un golpe de castigo para facer o 13 a 0. minutos despois Guille lograba o 18-0 para os ourensáns e o partido moi encarrilado.
Os coruñeses reaccionaron e un ensaio máis dous golpes de castigo fixeron que o marcador reflectira un 18 a 11. Para despexar as primeiras dúbidas do partido, Moi lograba seis puntos máis (24-11).
Na reanudación, segundo momento de apuro dos locais tralo ensaio e transformación visitante (24-18). Un novo golpeo entre paos de Moi foi o preludio das mellores xogadas do encontro; Andy foi o máis listo sobre o tapete e logrou dous ensaios o que elevou a diferenza aos 23 puntos (41-18).
Ata o final, os herculinos non se renderon e lograron reducir a diferencia para un resultado final de 41-30.
Primeiro galego
Con este resultado o Campus Ourense adianta na clasificación ao CRAT da Coruña para ser o primeiro equipo galego na División de Honra B. Agora son quintos con 40 puntos, un máis cos coruñeses; en nove máis co outro conxunto galego, o Kaleido Universidade de Vigo R.C.
Bera Bera
Esta fin de semana os de David Monreal visitan ao segundo clasificaco, o Bera Bera.
Outros encontros
En canto aos outros representantes do club, os sub 16 tamén enfrontabanse ao CRAT. Os herculinos pasaron por enriba dos ourensáns (5-120). O equipo sénior da 2ª territorial perdeu contra o Barbanza por 50(B) a 22(B). E para finalizar, os sub 18 desprazáronse ata o campo do CRAT co que caeron derrotados pol 89(B) a 0.