Estas actividades desenrólanse ao longo de todo o curso escolar e o obxectivo é propiciar a concienciación da poboación escolar, incluidas as familias, para crear unha vila máis accesible e cómoda.
O Xogo da Serpe é unha programación que se engloba nun proxecto de carácter europeo no que participan o colexio da Valenzá, o colexio de Allariz e os de Xinzo
Na Valenzá estiveron hoxe Marta Román e Begoña Pernas, responsables en España do Xogo da Serpe, o xefe provincial de Tráfico, David Llorente, a subxefa Andrea Conde
O alumnado do colexio Filomena Dato asistiu ao centro escolar en bici, patinete e outro tipo de vehículos para favorecer que a vila estea menos conxestionada de vehículos.
A concelleira de Educación, Marga Pérez, explica que o obxectivo tanto do Xogo da Serpe como da posta en marcha do Camiño Escolar é favorecer o exercicio físico e que sexan máis libres, independentes e para que consigan unha maior autonomía.
Marga Pérez indica que para o Camiño Escolar fíxose un estudo de rutas e as modificacións a introducir, fíxose unha xornada para multas solidarias ou pintouse o mural da Ruta Catalina, a mascota da ruta escolar dos colexios de Barbadás.
Outra das finalidades é eliminar barreiras arquitectónicas, seguir organizando actividades emellorar as condicións urbanísticas, apunta o rexedor de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel.
O alcalde comenta que “é fundamental involucrar á poboación a través deste tipo de actividades de concienciación”.
Segundo Marga Pérez “o éxito deste proxecto sería conseguir que a poboación vexa normal que @s nen@s vaian sós/soas ao colexio grazas a que as rutas que existen van progresivamente reunindo as condicións”.