O Envialia visita ao Rioja.

Comeza a segunda volta na Primeira división

A xornada número 16, primeira da segunda volta, da Primeira división de fútbol sala depara un enfrontamento galego entre dous equipos que veñen de perder nas semifinais da Copa Xunta.

Falamos do Cidade das Burgas e o Burela Pescados Rubén. Os dous equipos xogarán este sábado 4 de febreiro na cancha central dos Remedios. O horario será ás 20 horas xa que estarán presentes coma testemuñas as cámaras da TVG2.

Tanto ourensáns coma lucenses tentarán olvidar cunha vitoria a decepción que lles supuxo quedar apeadas da final da Copa Xunta.
No primeiro partido deste curso as da mariña lucense impuxéronsa ás franxiverdes por 7 a 4.

O Burela non quere perder comba cos de arriba, ocupa a cuarta posición cos mesmos puntos, 33, que o terceiro, Alcorcón e a catro dos segundo, o Universidad de Alicante. O Cidade é, con 24 puntos, o sétimo clasificado.

Envialia
O Ourense Envialia ten un cómodo desprazamento a Logroño. Alí visitará ao Rioja, actual pechacancelas da clasificación. Mentres o Envialia suma 28 puntos, as rioxanas acadaron soamente 6 nas 15 xornadas disputadas.

Seleccións
Esta xornada chega despois do parón da semana pasada por motivo da fase de grupos das seleccións autonómicas. Galicia non puido acceder á fase final ao caer derrotada ante  Madrid.

Copa Xunta
Este ano non se repetirá a final da Copa Xunta de fútbol sala da pasada edición. O ano pasado Ourense Envialia e Cidade das Burgas enfrontáranse nun bonito duelo na cancha central dos Remedios coas bancadas ata a bandeira de seareiros. Pero este ano non vai ser, xa que o Cidade non estará nesa final; si participará o Envialia.

O Ourense Envialia non deu opcións ao Burela no partido de semifinais que se disputou na cancha central dos Remedios esta semana. As de Chipi comezaron o choque dun xeito moi trepidante, maniatando ás da mariña lucense. Froito desa presión lograron dous goles entre o acerto e o desatino da cancerbeira Jozi.
Antes do final da primeira parte, o adestrador visitante optou polo xogo de cinco sendo a súa sentenza.

Na segunda metade continuou coa súa aposta por xogar con porteira xogadora
do que se aproveitaron as ourensás. Catro goles máis no segundo tempo para un total de seis a cero na eliminatoria, que non deixou dúbidas de que o equipo se merecía disputar a final.

O Cidade, pola súa banda, non puido reeditar a súa participación na final do ano pasado ao caer nas semifinais na pista do Poio. As de Manolo Codeso o tentaron ata o final pero a efectividade das locais foi unha lousa imposible de salvar. O Poio estivo máis preciso e cos dous primeiros goles resultoulle máis sinxelo dominar o encontro. As franxiverdes se quedan ás portas de entrar na final dunha competición que nunca gañaron.