O Ourense Envialia logrou o pase á final da Copa Xunta de fútbol sala; o Campus Ourense Rugby é o mellor equipo do rugbi galego e o Campionato de Galicia de cros longo disputouse no marco incomparable da área recreativa da Veronza (Ribadavia).
Ademais, sacamos en portada a entrevista o José Manuel Paredes, presidente do club Salvour de salvamento deportivo. Esta fin de semana organizan na piscina Rosario Dueñas de Ourense o Campionato de Galicia de salvamento e socorrismo deportivo.
En fútbol facemos un repaso aos equipos de Terceira, Rexional Preferente e Primeira Galicia, ademais do equipo xuvenil do Pabellón de División de Honra. En canto á UD Ourense ten un novo afeccionado; trátase do capitán do Club Ourense Baloncesto, Diego Kapelan, que posaba coa camiseta unionista.
O COB enfróntase a un Melilla que colleu velocidade de cruceiro. En Primeira autonómica feminina, Carmelitas e Campus Ourense comparten liderato.
No derbi de fútbol sala, de Terceira división, entre Sala Ourense e Carballiño, a vitoria foi para os primeiros por un axustado 3-2. A Primeira división regresa co Rioja – Envialia e o derbi galego entre Cidade e Burela.
Natación, BTT, fútbol gaélico, teakwondo e moito máis no número 153 do Barrios Deportivo.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha