Coñecemos máis detalles do próximo Campionato de Galicia de Salvamento que acollerá a piscina Rosario Dueñas.
Como se vai desenrolar este campionato?.
José Manuel Paredes: “Será no pavillón e acudirán 10 clubes de toda Galicia máis nós. Agardamos ao redor de 250 deportistas, do noso club vamos 14”.
Deses 14 participantes do Salvour, cantos teñen posibilidade de acabar o podio?.
J.M.P.: “Vamos poucos pero creo que practicamente todos, incluido eu mesmo que podo participar en categoría máster, temos posibilidades de rematar entre os 10 primeiros. Por exemplo, Ecequiel xa foi campión galego varias veces en 200 óbstaculos, ten o récord galego. Andrea Bello é subcampioa en practicamente todas as probas do calendario. Temos unha rapaza cadete que vai participar en xuvenil e que vén de ser recentemente campioa galega, Eva Espinosa. E Silvia Quintela, outra xuvenil, ten opcións de medalla.
En categoría máster practicamente os nove temos posibilidades de ser campións galegos. Fáltanos de feito Cristina Colomo que está nun campionato de España de natación e non pode participar e é campioa galega, de España e de Europa en categoría máster”.
Cantos eventos levades organizados?.
J.M.P.: “Organizamos varias ligas, son xornadas de liga parecidas a este evento pero dun só día. Levamos tres campionatos galegos e en 2014 un campionato de España no que participaron 450 deportistas e tivemos a piscina durante tres días a rebosar de xente e o aforo de 1.000 persoas practicamente cheo”.
Que é o que ten Salvour para que a federación galega e española conten con el para organizar estes eventos?
J.M.P.: “Primeiro a instalación é idónea para este deporte, unha piscina de 50 metros con estas gradas é perfecta. E despois o equipo organizativo debémolo facer ben porque están contentos coa nosa labor”.
Posiblemente vexamos nun futuro non moi lon-xano outro Nacional?.
J.M.P.: “Non é descartable organizar aquí outro campionato de España…. Nós estamos dispostos a organizalo”.
É importante dinamizar Ourense con eventos deste tipo, non?
J.M.P.: “En realidade calquera deporte é unha forma de dinamizar a cidade. Aquí cada vez que vén salvamento, natación ou calquera outro deporte e veñen 200, 300, 400 persoas é moi importante para que a xente coñeza a cidade e promovela”.
Imos a coñecer un pouco máis Salvour. Como se creou o club?
J.M.P.: “O Salvour foi unha aposta miña, porque coñezo de toda a vida este deporte. Dedícome a dar clases de socorrismo e sabía que isto en Galicia estaba funcionando moi ben.
En Ourense levamos competindo dende 1995 e dende no 2011 ou 2012 ocorréuseme a idea de por en marcha un club. Empezamos con catro nenos o primeiro ano, fomos aumenta a 15, 20… neste momento estamos con 60 nenos na escola e este ano, entre nenos e adultos, chegaremos ás 100 licencias”.
O crecemento do club foi incrible.
J.M.P.: “Tan incrible que neste ano tivemos que deixar de coller algúns nenos que querían entrar na nosa escola. Este deporte é moi atractivo, o boca a boca funciona moi ben neste caso, e non temos espazo material, as instalacións son as que son. Temos que compartir piscina con outros deportes, algo lóxico, polo que temos uns grupos limitados, non queremos masificalos para traballar ben con eles e estamos practicamente ao máximo”.
Nun futuro poderá haber unha ampliación de inscritos?
J.M.P.: “Agardamos que si. Estou mirando de poder ter máis espazos onde poder traballar, e poder ampliar o club porque a este ritmo cada ano temos 20 ou 30 nenos máis.
E o importante é traballar con eles e conseguir non só éxitos. Na escola o que queremos é formar aos nenos, ensinarlles técnicas de rescate, natación … é un deporte moi ameno, divertido. Obviamente está o tema deportivo, o que quere competir vén ás competicións, pero non todos queren competir e non hai problema. Centrámonos na formación”.