Disputarase o 4 e 5 de febreiro na Rosario Dueñas.

Cita co mellor salvamento galego

A piscina Rosario Dueñas acolle esta fin de semana o Campionato de Galicia de salvamento e socorrismo deportivo.

Estímase que serán uns 250 deportistas de 11 clubs os participen neste evento (ao peche desta edición xa estaban en 236 os inscritos).

Terceira vez
“Xa son tres veces consecutivas as que Ourense acolle esta competición dada a calidade da nosa instalación e a súa adecuación para este deporte, a Federación confía en Ourense para a organización deste evento, que congrega en cada edición a máis de 600 persoas que disfrutan, como público, desta disciplina deportiva”, aseguraba o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.
Era precisamente José Manuel Paredes, presidente do Club Salvour, o organizador,quen explicaba que “non se trata exactamente dunha actividade de rescate, aínda que bebe dela, senón dunha actividade deportiva”.
A entrada ás instalacións será aberta e de balde, e as diferentes competicións (xuvenil, júnior, absoluto e máster) comezarán ás 10 e 16:30 horas, o sábado 4, e ás 10 horas o domingo 5.

Salvour
En canto ao club ourensán, o Salvour competirá con 14 deportistas dos que moitos terán opcións de ser campións galegos ou, alomenos, subirse ao podio nas distintas categorías.