O Club Salvou, anfitrión do Campionato de Galicia de salvamento e socorrismo deportivo, proclamouse campión na categoría máster.
O equipo Umia (de Caldas de Rei) foi o vencedor absoluto, seguido do Salvamento Sasa (de Sada), e o Salvamento Arteixo (terceiro).
Por categorías, o Sasa foi o primeiro equipo xuvenil; o Sysca de Carballo, en júnior; o Umia, en sénior; e o Salvour, en máster.
En canto aos deportistas vencedores, sumando os puntos das diferentes probas foron: en xuvenil, Noelia Loureiro Serrano del SAL (Laracha) e José María Villaverde Campos del SAPO (Pontevedra); en júnior Paula Agra Neira, do Sasa e Víctor Paz Soage, do Arteixo; Antía García Silva (actual campioa do mundo), do Umia e Iván Lobelle González, do SAL en en sénior; Silvia Fernández López e Jesús Carlos Quintas Barros, ámbolos dous do Club Salvour, en categoría máster de menos de 45 anos; e en máster de máis de 45, Elena Gómez Sueiras, do Sas e Andrés Fernández Fernández, do Sasa.
Récords galegos
Durante os dous días de competición (tres xornadas) varios foron os récords galegos que se batiron. Ademais lográronse numerosas mínimas para participar nos campionatos de España que se celebrarán a finais deste mes en Castellón.
En total participaron 11 clubs e preto de 250 deportistas que se deron cita na piscina Rosario Dueñas do pavillón municipal dos Remedios. Unhas 600 persoas estiveron presentes nas gradas.
Os ourensáns
No que se refire a representación ourensá (todos eles do Salvour), ademais do campionato galego en categoría máster houbo varios podios a nivel individual.
Silvia Fernández e Jesús Quintas foron os mellores deportistas máster -45. Ademais, as xuvenís Eva Espinosa e Silvia Quintela quedáronse ás portas de colgarse unha medalla.
En júnior, Noel Quiroga foi prata en 200 metros obstáculos e Andrea Bello acadou un bronce.
A choiva de metais chegou coa categoría máster. Jesús Carlos Quintas colgouse oito medallas (cinco individuais e tres de relevos), a maioría de ouro.
Roberto Naranjo, sete medallas destacando a vitoria nos 200 obstáculos +45 y 100 socorrista. Julio Iglesias Fernández, catro medallas demostrando ser o máster más rápido impoñéndose na proba más curta del calendario (50 arrastre de maniquí). Marcos Estévez fixo dous ouros e dúas pratas. E José Manuel Paredes un ouro e dúas pratas.
En féminas máster destacaron Silvia Fernández López con catro ouros e unha prata; María López, con tres ouros e Marta Estévez, dous ouros.
En esta categoría de máster o Salvour demostrou ser o máis potente seguido moi de preto polo Salvamento Sapo (Pontevedra), con quen pelexou polo título, e co Salvamento Sasa (Sada).