A Concelleira de Promoción Económica, Turismo e Comercio, Cristina Cid falaba, na presentación do Mercado de Inverno, da importancia do evento destacando a calidade dos produtos que se van poder mercar no Mercado, composta integramente por comerciantes locais que comercializan todo o ano os seus produtos en Allariz.
Olga Ferreiro, representante da Asociación de Comercio e Hostalería de Allariz, presentou o programa de actividades que se van desenvolver no pavillón do instituto o 18 e 19 de febreiro, en horario continuado de 11,00 h ata as 20,00h (o sábado pechas ás 21 horas).
Os máis cativos van contar cun espazo de ocio, ademais dun servizo de cafetería no propio pavillón.
Así mesmo, desenvolveranse dous obradoiros de decoración para adultos, de pintura de chalk paint (pintura tiza), un o sábado e outro o domingo.
O sábado 18 pola tarde ás 19.30 haberá unha exhibición de baile das alumnas de escola de baile La Bayadere.
Tamén haberá sorteos de vales de 100 euros canxeables no mercado o domingo, así como un xantar para dúas persoas no restaurante- cafetería do Mercado tamén o domingo.