O Grupo Municipal Socialista no Concello de Ourense presentou o pasado 24 de xaneiro de 2017 unha demanda na que solicitan formalmente a impugnación das bases e da convocatoria de 14 Xefaturas de Servizo no Concello de Ourense, concretamente para a cobertura das Xefaturas de Servizo de Benestar Social, Medioambiente, Planeamento e Xestión Urbanística, Saúde, Infraestruturas, Cultura, Xuventude e Participación Cidadá, Educación, Formación Ocupacional, Desarrollo Local e Promoción Económica, Facenda, Licencias Urbanísticas de Actividade, Apertura e Disciplina, Recadación, Servizos Xerais, Sistemas de Información e Termalismo e Turismo, aprobadas por Decreto da Concellería de Recursos Humanos de 31 de outubro de 2016, e publicadas o 24 de novembro de 2016.
Esta é a última denuncia presentada contra a xestión en materia de Persoal e RRHH do actual do Goberno do PP, liderada por un Alcalde empecinado en recuperar a vella política persoal do PP no Concello co único obxectivo de favorecer e contratar a amigos, familiares e militantes do seu partido.
Os socialistas denunciaban xa o 26 de abril de 2016 ante a opinión pública que o Partido Popular estaba a preparar un concurso “ad hoc” para a contratación como xefe de servizo de persoal do Concello de Ourense do seu antigo concelleiro de Persoal e RRHH e daquelas Xefe de Sección de Planificación e Seguimento de Investimentos da Deputación Provincial de Ourense, a D. Francisco Javier Rodríguez-Nóvoa.
O 18 de xullo de 2016, o GMS presentou sendos recursos de reposición ás prazas convocadas para a cobertura do posto de Educador Social do CIM e a contratación dun Médico para a UCA do Concello de Ourense.
O 23 de novembro de 2016, os socialistas presentaron unha emenda á totalidade do Regulamento de Provisión de Postos de Traballo do Concello de Ourense e esixiron a súa retirada porque consideraban que só reproducía a normativa autonómica e contiña artigos probablemente ilegais que contraviñan a mesma. Asemade, tralo análise e estudio do mesmo, entendíamos que era preciso en primeiro termo proceder á aprobación da RPT do Concello, antes de someter a aprobación un regulamento destas características.
O grupo asegura que estará vixiante e denunciarán calquera actuación caciquil, escurantista e clientelar que se pretenda levar a cabo polo Goberno do PP en materia de persoal e recursos humanos no Concello de Ourense.
SOURCE: Impugnación, socialistas, bases, convocatoria, xefaturas de servizo