O Cineclube Padre Feijoo volve esta semana con tres novas películas. A miña filla, a miña irmá; Alabama Monroe e O porvir son as películas que se porxectarán.
O luns chega A miña filla, a miña irmá, de Thomas Bidegain. Os pases serán ás 20.30 e 23.00 horas na Biblioteca Pública de Ourense (2 euros para socios e 2,5 para non socios).
O martes dentro do ciclo «cine e mediciña» chega Alabama Monroe» de Felix Van Groeningen. Tamén na biblioteca haberá unha única sesión ás 19:30 horas. O prezo é de 4 euros puidendo adquirir un bono de 20 euros que da dereito a ver seis películas.
E o mércores chega a película de Mia Hansen-Love, O porvir. Os pases serán ás 18.00, 20.30 e 23.00 horas. A entrada é de catro euros (socios) ou de 5 (non socios).