O programa Arquimakers desenvolverase desde febreiro ata decembro en catro bloques formativos con capacidade para 24 alumnos, en horario de seis a sete e media da tarde. Para anotarse haberá que inscribirse online nos días previos ao comezo do programa a través da web lamolinera.net.
Trátase dunha iniciativa para educar ás novas xeracións de ourensáns. Educalos no ámbito tecnolóxico, a través do xogo Minecraft, pero tamén para educalos no medio ambiental: o consumo responsable de auga é cousa de todos, e é básico que os pequenos, de 8 a 12 anos, vaian automatizando xestos.
A través dos recursos educativos que ofrecen programas coma o Minecraft, os pequenos aprenderán a soñar, crear e construír as cidades do futuro. Cidades sostibles e que coiden a auga de forma prioritaria.