Volvía o Nova Xestión Balonmán Pavillón a renovado anexo dos Remedios para medirse ao Tui en partido da Primeira autonómica. Os ourensáns comezaron co bo pé ao vencer por 29-22.
Coa premisa de convertir nun fortín a súa cancha de aquí a final de tempada saíron á pista os homes de Diego Lorenzo. O comezo non foi o esperado e os visitantes lograron irse no marcador por 0-3. O técnico meteu en cancha ao porteiro Rubén e pouco a pouco a remontada foi posible. Os locais xa mandaban ao descanso por 13-9 con penalti, incluído, parado polo porteiro.
Na segunda metade os ourensáns mantiveron a raia ao rival o que lles valeu para non pasar apuros e sumar unha nova vitoria. Ao final, 22-29 para o Nova Xestión que é quinto con 14 puntos. A vindeira xornada volve a xogar na casa diante do Pontedeume, nunha boa ocasión para volver a sumar os puntos en litixio.
Feminino
O conxunto feminino presentouse en casa do líder (Culleredo) co só seis xogadoras. Aínda así, estiveron en partido nos primeiros 30 minutos, ata que lles aguantou os folgos. Pero a segunda metade foi distinta e as coruñesas foronse no marcador ata deixar o resultado final de 29-14.
As ourensás remataron a fase regular na sexta posición.