A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de iniciar as obras de remodelación da contorna da Capela de Escornabois, en Trasmiras.
Esta actuación conta cun orzamento de máis de 150.000 euros e suporá a mellora do pavimento, o acondicionamento do parque infantil e a instalación de alumeado público e mobiliario destinado á práctica de exercicios saudables.
Estrada OU-111
Iniciáronse as obras de reparación da estrada OU-111 ao seu paso polos concellos ourensáns de Laza e Vilar de Barrio que está afectada polas obras do AVE. Estes traballos correrán a cargo de ADIF e contan cun orzamento de case 470.000 euros.
Esta estrada é o vial autonómico que da acceso a Prado e que se atopa bastante deteriorada por culpa do tráfico de vehículos pesados que están a traballar para executar as obras do AVE.
As actuación consistirán en levar a cabo saneos, rasantear con zahorra e, unha vez que este material consolide, estenderase o tratamento superficial.