CCOO denuncia públicamente os incumprimentos de “Valoriza”, empresa concesionaria do Servizo de Axuda a Domicilio do Concello de Ourense e dende o sindicato informan que, onte, celebrouse unha ampla asamblea de traballadoras na que se decidiron adoptar medidas de defensa ante os graves incumprimentos laborais por parte da empresa.
Segundo CCOO, a empresa que, desde hai un mes, é a concesionaria do Servizo de Axuda a Domicilio de Ourense ven de iniciar o envio de comunicacións de despidos como reacción á unha asamblea na que participaron máis de 120 traballadoras e traballadores.
CCOO informa así mesmo que, nesa ampla e participativa asamblea, as traballadoras, por unanimidade, decidiron adoptar medidas ante os graves incumprimientos da nova empresa concesionaria respecto dos dereitos legais que ten a plantilla.
CCOO manifesta o seu máis absoluto e contundente rechazo a estes comportamentos empresariais, sempre indignos, intolerables e inaceptables, e máis especialmente, cando se trata dunha empresa concesionaria dun servizo público público tan sensible como é o de Axuda a Domicilio dos nosos maiores e dependentes.
CCOO denuncia esta intolerable resposta reaccionaria dos xestores da empresa Valoriza e, dende o sindicato, acusan aos responsables da empresa de actuar con desfachatez contra os dereitos das traballadoras como represalia ás léxitimas e legais accións e decisión aprobadas onte por unanimidade das traballadoras participantes na asamblea e que pasaban simplemente por decidir cumprir estritamente o horario legal que teñen en calendario, como consecuencia dos reiterados incumprimentos laborais da empresa empeñada en igonorar as súas obrigas laborais legais.