Finaliza o Campionato de Galicia infantil e júnior cunha boa última xornada para o Pavillón Ourense de natación. A xornada comezaba coa prata conseguida por Luz Fernández en 200 costas, mentres que nesa mesma proba Jacobo Caride colgouse o bronce. No 50 braza, David González proclamouse campión galego con Héctor Álvarez en cuarta posición, Noel Quiroga facía o propio en 1500 proclamándose vencedor. Na sesión da tarde, Marcos García lograba a prata en 50 libre, mesma proba na que Eva Carril se proclamou vencedora infantil. Excelente papel no dobre hectómetro a braza con dobrete ourensán, onde David González lograba a vitoria e Héctor Álvarez era terceiro.
Moi bo papel por parte do resto de infantís que mellorando marcas no seu primeiro ano na categoría en moitos casos, terminando entre os mellores de ano nas súas probas, como no caso de Anxo Vigo, Santi Gutiérrez, Anne Vila ou Manuel González.
No apartado de relevos o equipo júnior lograba unha clara vitoria tanto no 4×200 libre como no 4×100 estilos, mentres que as mozas infantís finalizaron segundas no relevo de estilos.
Por último sinalar as mínimas nacionais logradas por parte dos infantís Santi Gutiérrez e Eva Carril, ademais das logradas polo sete mozos júnior que participaron no campionato.
En canto ao equipo obxectivo máis que cumprido por parte dos pupilos de Toro e Sabuz, logrando a vitoria no apartado masculino júnior e cuartos na xeral a pesar de ser un grupo íntegro de mozos nesta categoría. En infantil destacou o terceiro posto na táboa feminina.
Na primeira xornada o balance fora de varias mínimas para o nacional e un total de dúas pratas e un bronce. Antón Rodríguez proclamabase subcampión galego en 200 crol, mentres que Jose Moure foi bronce. Jacobo Caride acadaba a prata en 200 estilos.