O Club Salvour participou no Campionato de España xuvenil, júnior e absoluto en augas pechadas celebrado na piscina municipal de Castellón entre os días 25 a 28 de febreiro.
A única representante do club Salvour de Ourense logrou colgarse a medalla de bronce na proba dos 50 metros rescate con manequín, ao facer unha marca de 40 segundos e 83 centésimas.
A deportista logrou realizar un gran campionato meténdose en todas as finais das tres probas nas que participou. Foi sétima nos 200 metros obstáculos, e rozou podio nos 100 metros combinada ao rematar na cuarta praza.
Equipos
Os puntos alcanzados por Andrea deron como resultado o colocar ao Salvour no posto 11 de España na categoría junior feminino.
As próximas citas importantes para o club serán a liga galega en praias que dará comezo no mes de abril. E tamén o Campionato de España de primavera en Madrid os días 29 e 30 de abril, nos que tanto Andrea Belo como Ecequiel Quiroga terán a oportunidade de loitar polos mellores postos nacionais.