Ngagne Faye logrou o ouro en sanda absoluto -70kg.

Sete medallas para o Artai no nacional de wushu

A última fin de semana de febreiro celebrouse no pavillón central do Consello Superior de Deportes (en Madrid) o XXXI Campionato de España de Wushu.

O Club Artai de Ourense (representando á federación asturiana) estivo representado por cinco competidores, tres en modalidades de combate e dous nas modalidades de formas. Logrando entre todos sete medallas.

Os competidores na modalidade de combate regresaron a casa cun ouro e unha prata. Ngagne Faye logrou o ouro en Sanda absoluto -70kg, despois de tres duros combates contra dous competidores vascos e un competidor madrileño.
David Fernández logrou prata en sanda júnior (-65kg) despois de conseguir gañar o seu primeiro combate por K.O. en 30 segundos e perder nunha disputada final contra o competidor de Castela a Mancha.
Iago Gonzalez perdeu no seu primeiro combate contra o competidor que conseguiría o ouro da súa categoría.

Formas
Nas modalidades de formas (Talou) os ourensáns trouxéronse tres pratas e dous bronces.
Sara Álvarez colgouse dous bronces nas modalidades de nangun e jianshu absoluto feminino. Mentres que Jacobo Rodríguez volve a casa con tres pratas en changquan, daoshu e qianshu júnior masculino.

Calendario
O club Artai segue agora co seu intenso calendario deportivo, coas citas do Campionato de galicia oficial de kungfu (15 de abril, Pavillón dos Remedios de Ourense) e Campionato Nacional (27 e 28 de maio, en Madrid).