Ademáis das mocións que presente cada grupo político, o pleno deste mes de marzo, debatirá cinco asuntos na súa parte resolutiva, a proposta do goberno municipal.
Así quedou dictaminado na Comisión de Pleno que se celebrou esta mañá no Concello de Ourense. Deste xeito, os asuntos que se incluirán na sesión plenaria serán os seguintes:
– Incoación do expediente de honra a favor de Daniel Vázquez Gulías (o dictame foi aprobado por todos os grupos e a abstención de OueC)
– Resolución do expediente de honra a favor de Benito Losada (unanimidade)
– Aprobación definitiva do Plan Especial de Protección do Conxunto de Interese Etnográfico de Seixalbo (aprobado por todos os grupos e abstención de DO)
– Resolución de alegacións e aprobación definitiva da ordenanza reguladora de vivendas de emerxencia social (unanimidade)
– Modificación de uso da parcela prevista para ubicar o futuro CAPD en Barrocás (unanimidade)
Resto de mocións
O resto de mocións, dos demais grupos son as seguintes:
Moción do Grupo Municipal de Ourense en Común contra a exclusión sanitaria imposta polo Real decreto lei 16/2012, petición da súa derrogación e restitución do acceso universal ao sistema sanitario.
Moción do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE en defensa do dereito á xustiza gratuíta e do turno de oficio, e en contra do cambio de criterio da Dirección Xeral de Tributos que declara suxeito ao IVA o turno de oficio, por tratarse dunha interpretación contraria á lei e en prexuízo do xusticiable.
Moción do Grupo Municipal de Democracia Ourensana relativa á concentración de dependencias municipais na Praza Maior.
Moción do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE para a creación e instalación de máis parques caninos na cidade de Ourense por parte do goberno municipal.
Moción do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE para a redacción e posta en marcha dun plan municipal de acción contra os ruídos na cidade de Ourense.
Moción do Grupo Municipal de Ourense en Común para garantir a difusión, divulgación e expresión de actividades promovidas por asociacións e colectivos sen ánimo de lucro no Concello de Ourense.
Moción do Grupo Municipal de Democracia Ourensana relativa á modificación do artigo 65 do Regulamento orgánico de goberno e organización do Pleno e da Comisión Especial de Suxestión e Reclamacións.
Moción do Grupo Municipal de Democracia Ourensana relativa ao acondicionamento e posta en valor de puntos susceptibles de ser miradoiros emblemáticos da cidade de Ourense.
Moción do Grupo Municipal de Ourense en Común para a realización de actividades de lecer adaptadas á diversidade, que sirva de ferramenta conciliadora e de respiro familiar nas datas non lectivas.
Moción do Grupo Municipal do Partido Popular ao obxecto de promover un pacto pola conciliación e a corresponsabilidade na vida laboral, familiar e persoal nos concellos galegos.
Moción do Grupo Municipal do Partido Popular de adhesión á rede internacional de Alcaldes pola Paz.