A cidade de Ourense celebra o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, cun amplo programa de actividades, baixo o lema Móllate pola Igualdade.
Desenvolveranse desde o día 8 ata o 14 de marzo. Charla-coloquio sobre mulleres con traxectorias destacadas en diferentes ámbitos, mesa redonda sobre muller, vida activa e deporte, cine coa proxección da película “Os fenómenos”, actividades deportivas, algunhas solidarias, lectura de comunicados e entrega do Premio Clara Campoamor son algunhas das actividades programadas, que se complementarán con accións de rúa e márqueting en establecementos comerciais e hostaleiros da cidade.
“Móllate pola igualdade” pretende ser unha campaña conceptual, moderna, de doada comprensión e con impacto, que perseugue promover unha reflexión sobre a necesidade de implicarnos todos e todas na busca da igualdade real entre mulleres e homes, xa que a igualdade non ten xénero
Actividades
8 de marzo:
11:00 horas. Beone Eiroás. Masterclass Zumba
12:30 horas. Salón de plenos. Acto institucional de lectura de comunicado do Día das Mulleres.
20:00 horas. Liceo. Acto de entrega do XI Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Julián Pardinas, fiscal delegado de Violencia de Xénero en Ourense, pola súa traxectoria no ámbito do servizo contra a violencia de xénero.
9 de marzo
11:00 horas e 20:30 horas, en BeOne Eiroás. Masterclass Aquagym.
20,30h, Café Plaza. Charla-coloquio: “Vivencias: superando o insuperable”, na que participarán mulleres con traxectorias vitais destacables compo emprendedoras ou escritoras, que relatarán súas experiencias: Laura Jones, presidenta-socia da cooperativa QNecesitas, Mónica Fernández Pintos, empresaria xerente de Prink, Emma Noriega xerente de Rei mago dime tú e Natalia Sanchidrián, coach e autora do libro “Voando alto”.
10 de marzo
20:30 horas. Centro cívico Colón. Mesa redonda: Muller, vida activa e deporte
11 de marzo
9:30 a 21:30 horas. Beone Eiroás. “12 horas pedaleando sen parar pola igualdade”. Recadarase 1 euro por quilómetro a prol da Fundación Amaranta, organización privada, sen ánimo de lucro que ten como finalidade favorecer a integración persoal e incorporación social de mulleres e adolescentes afectadas pola prostitución e outras situacións de exclusión
12 de marzo
11:00 a 12:00 horas. Campo de fútbol de Eiroás “Be-hit 60 superando barreiras”.
14 de marzo
20:30 horas. Biblioteca Pública. Proxección da película Os fenómenos.
Accións de rúa
O concello divulgará a campaña con publicidade en medios de comunicación, cartelería, cubos informativos no centro da cidade e traseiras de autobús para acadar a máxima visibilidade.
Tamén realizará accións de márqueting directo, que consistirán no reparto de pegatinas con mensaxes de concienciación de que a igualdade é cousa de todos.
Neste caso será en establecementos da cidade que teñan servizos de uso público. Nas portas dos servizos para homes colocaranse adhesivos que convidan á reflexión de que as necesidades básicas e o coidado das persoas, -concretamente nesta acción ás das que padecen discapacidade e os bebés- non teñen xénero.