A falta de eficacia fai perder aos de Kike García por 2-3.

O Sala Ourense perdoa e o paga

Importante traspés do Sala Ourense que caeu, na súa pista, diante do pechacancelas, Mosteiro Bembrive.

Os ourensás perdoaron en exceso durante todo o encontro o que fixo que se esfumaran os tres puntos para terras pontevedresas.

Esta é a primeira derrota dos ourensáns en casa no que vai de tempada. Un Bembrive reforzado por xogadores de experiencia, que non ten nada que ver co da primeira volta, soubo agarrarse á pista e coa gran actuación do seu porteiro Cuca conseguir o tres puntos.

Comezou o partido cos ourensáns alternado entre metade de pista e presión alta e os olívicos cun guión claro que mantiveron durante todo o partido, defensa en metade de pista e a esperar erros para saír en transición.

Froito dunha recuperación chegaría o primeiro gol, obra de Borrajo,que finalizaba a porta baleira.

O Sala Ourense levaba o peso do partido pero faltaba velocidade na circulación do xogo. Guerra e Rivero tiveron o empate no minuto 18, pero unha dobre intervención do porteiro visitante impediuno.

Na segunda parte saíron mellor os locais ao partido. Allariz tras un roubo de balón de Tizón facía a igualada aos dous minutos do comezo. Este gol espoleó aos ourensáns, que cunha forte presión arriba provocaba que os vigueses perdesen rapidamente o balón. E o 2 a 1 chegou cunha acción á contra de Fente que coa axuda do defensa Chelo, que desviaba a traxectoria do balón ante ou que nada podía facer ou porteiro visitante, poñía aos seus por diante.

Porén os locais non foron quen de aguantar o resultado e dous minutos despois Félix empata de novo o encontro nunha xogada mal defendida.

Nese momento o Sala Ourense volcouse a pola vitoria na portaría rival. A falta de acerto, con dous paos incluidos, evitouno. O que si chegou antes do pitido final, foi un novo gol visitante.

Aínda que faltaban oito minutos para que rematara o encontro os de Kike García non lograron mover o marcador, os paos e as boas intervencións do cancerbeiro visitante o impediron.

A pesar da derrota o equipo se mantén na terceira posición con 39 na Terceira división, a tres do segundo, e cun colchón de oito con respecto ao cuarto, o La Peña Talleres ABC.

Carballiño
O Carballiño caeu diante do Superti A Pontenova por 6-4. Isto sumado á vitoria do Mosteiro Bembrive fai que os de Arenteiro volvan a ocupar a última posición, eso si, empatados con estes con 14 puntos.

Vindeira xornada
Esta fin de semana o Sala Ourense visita en Lugo ao Casás, mentres que o Carballiño recibe ao Ribeira.