Co gallo do Día internacional da Muller Traballadora, este mércores, 8 de marzo, as concellerías de Deporte e Educación e a de Benestar do Concello de Castrelo de Miño organizan varias actividades para conmemorar tal día. Reivindicando así o papel da muller na sociedade en prol da consecución da igualdade co home.
As actividades están encamiñadas a buscar o autocoidado e o benestar da muller, tanto física como psíquica e socialmente a través de tres áreas: deporte, lecer e tempo libre e a participación social. Todas elas están pensadas para todas as idades e gratuítas.
O programa, que será de tarde, inclúe un taller de risoterapia, merenda, debates, baile e relaxación. Ademais estará supervisado por técnicos en deporte, educadores familiares, unha traballadora social, un profesor de baile e unha voluntaria do Consello Infantil de Castrelo.
O espazo elexido é as instalacións do parque náutico de Castrelo.
Calendario
17h. Actividade de risoterapia
18h. Merenda de-batida (merenda saudable + debate temático)
19h. Obradoiro de baile
20h. Sesión de relaxación