Neste senso, existe un convenio coa Federación Galega de Fútbol de 80.000 euros, que financiará os proxectos de execución. A mellora de ámbolos dous campos permitirá, tamén, obter o certificado FIFA4 e que se poidan realizar partidos de maior nivel competitivo.
O pavimento sintético de Oira foi instalado no 2001, co que a día de hoxe atópase nun avanzado estado de avellentamento. Seu rendemento a nivel deportivo e nas condicións de seguridade resulta moi baixo. Este punto xa o fixeron constar algúns colexiados en actas dalgún dos partido disputados nesta instalación.
Respecto o pavimento sintético do campo de Fútbol 11 no Pavillón dos Remedios o número de deportistas que fan uso do mesmo é similar ó de Oira. Este campo foi instalado no ano 2.005 co que seu estado de desgaste atópase moi avanzado.
Neste tipo de instalacións a súa vida útil oscila entre os oito e os dez anos independemente do nivel de uso, co que ámbolos dous campos xa a finalizaron desde hai ben tempo. O Consello Municipal de Deportes considera inminente a substitución do pavimento destas instalacións, para garantir un uso seguro e eficaz por parte dos nosos deportistas.