O Cineclub Padre Feijoo trae tres novos títulos para esta semana: Little go girls, Os fenómenos e O cidadán ilustre son as películas que se poderán ver.
O luns 13 chega Little go girls, de Éliane de Latour. Os pases serán ás 20:30 e ás 23 horas. O prezo de 2 ou 2,5 euros según si se é socio ou non.
O martes 14 e dentro das actividades do Día internacional da muller proxectarase a obra de Alfonso Zarauza: Os fenómenos. Haberá unha única sesión ás 20:30 horas e de balde.
E o mércores 15 chega a comedia arxentina O Cidadán ilustre de Mariano Cohn e Gastón Duprat. A entrada terá un custe de 4 euros, para socios, e de 5 para o público en xeral.